Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 1 Maio 2024.

Os comités de Navantia trasládanlle ao conselleiro de Economía e Industria as necesidades dos estaleiros públicos

    Representantes dos comités de empresa de Navantia en Fene e Ferrol reuníronse este venres co conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, para facelo partícipe das necesidades dos estaleiros públicos.

    18/06/2021.
    Ao remate da xuntanza, o conselleiro conversou cos delegados sindicais

    Ao remate da xuntanza, o conselleiro conversou cos delegados sindicais

    Pedíronlle a Conde que a Xunta de Galicia lle esixa ao Goberno de España que se posocione respecto do dique cuberto, que consideran «clave» para a transformación do estaleiro.

    En materia de formación e empregabilidade, sindicatos e Xunta colaborarán para os novos retos da transformación dixital e esteleiro 4.0. 

    Por último, os comités salientáronlle ao conselleiro a importancia que ten a eólica mariña para o futuro de Navantia, especialmente en Fene, que é «punteira a nivel europeo e case mundial». Novos contratos neste ámbito axudarían a paliar as fluctuacións do mercado naval.